Festa do Mar (Combarro)

lunes, 25 de agosto de 2008

Festa do Mar (53 fotos)



Encontro de Meira (Moaña)

lunes, 11 de agosto de 2008

Encontro de Meira (23 fotos)



Travesía embarcacións tradicionais

lunes, 4 de agosto de 2008

Participamos coa Rula na singradura de embarcacións tradicionais organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade dentro do programa Acción de Verán '08. A 'Ruta Norte' desenvolveuse entre as rías de Arousa e Pontevedra, pasando polas Sinas, Rianxo, O Grove, Pedras Negras, a Illa de Ons, Aldán e Portonovo, combinando navegación recreativa con actividades culturais e de lecer.

Ruta Norte 2008 (65 fotos)

Brest 2008

jueves, 31 de julio de 2008

"Dende o ano 1992, e cada catro anos, a cidade de Brest acolle o máis grande evento marítimo do mundo. Embarcacións tradicionais, antigas, clásicas e actuais de países de todo o mundo deixan os seus portos de orixe e viaxan á cidade do noroeste francés.

Este ano Galiza participou como convidada de honra, xunto a países de recoñecida tradición mariñeira: Vietnam, Noruega, Madagascar e Croacia. Todos eles contaron coa súa propia vila (village) dentro de Brest, un espazo no que dar a coñecer as súas tradicións mariñeiras, e tamén a súa cultura, música e gastronomía.

Arredor de 2000 embarcacións, 25 nacións, 15000 mariñeiros, 300 expositores, 2000 animadores, 5000 voluntarios e 350 empresas protagonizaron esta 5ª edición da Festa Marítima Internacional.
"

Brest 2008 (320 fotos)

Rumbo a Brest

jueves, 10 de julio de 2008



A Diana

lunes, 30 de junio de 2008

Xa navega a Diana, unha gamela que era empregada na recolleita de navalla mediante mergullo e que foi recuperada utilizando técnicas actuais. Restauramos unha vela orixinaria de Cangas, a pesar do baleiro de información entorno as velas utilizadas tradicionalmente nesta zona, tentando rescatar parte da enorme sabiduría prendida no tempo.

Recuperación da Diana (10 fotos)

A Luna

miércoles, 11 de junio de 2008

Recuperamos a Luna, a gamela que nos foi doada, enteiramente construída en madeira maciza. A nosa intención era restaurala e dotala de timón, pau e vela para surcares o mar. Traballamos no taller situado na praia do Canabal (Tirán) cedido xentilmente polo Sr. Manuel "Pilo", industrial do mexilón.

O traballo comeza coas nocións básicas de carpintería, a limpeza das vellas capas de pintura e a sustitución e adaptación das pezas máis deterioradas: renovamos as cadernas, reclavamos totalmente a taboazón, recheamos as fallas con resina epoxi mesturada con serrín e finalmente cubrimos o casco cun tecido de fibra de vidro impregnado en resina epoxi. A madeira queda protexida por unha cuberta impermeábel que a manterá seca e case libre de mantemento.

Despois da capa de fibra de vidro con resina epoxi, repasamos a superficie do casco e a alisamos utilizando aparello acrílico de alto espesor, fácil de lixar e que deixa unha superficie de moi boa calidade. Rematado o traballo co aparello, píntase cunha imprimación de epoxi e voltamos a marcar a liña de flotación aplicando unha capa final de pintura de poliuretano na obra morta e patente na obra viva. No interior e na cuberta pintamos sobre o epoxi cunha imprimación tamén de epoxi e unha pintura de poliuretano de un só compoñente.

Ao mesmo tempo construimos o timón, feito de duas taboas unidas por espigos; a caseta do pau e as fixacións da driza. Tamén facemos as primeiras probas da vela, relizada na velería de Ramón Albert e Julio Pousa, e finalmente axustamos os paniles.

A travesía de presentación da Luna tivo lugar en Cangas, aproveitando a chegada da Volta Naútica a Galicia.

Recuperación da Luna (25 fotos)