Encontro do Seixal (Portugal)

martes, 19 de mayo de 2009

Do 22 ó 26 de Maio o 3º Encontro de Embarcações Tradicionais reunirá na Baía do Seixal embarcacións tradicionais do país veciño e Galicia.

Encontro do Seixal (57 fotos)

Desafío Atlántico 2009

martes, 31 de marzo de 2009


O vindeiro 3 de Maio terá lugar en Vigo a saída do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros (antiga Cutty Sark), unha das regatas máis importantes do panorama náutico. A flota reunirase a partir do 30 de Abril na nosa ría para participar na primeira regata da serie: 900 millas náuticas rumbo sur-suroeste ata Tenerife. Máis dunha vintena de grandes veleiros de distintos países e varios barcos da Armada Española concentraranse na Estación Marítima de Vigo. Os visitantes terán a oportunidade de acceder ao interior da maioría das embarcacións, ademais de participar nas actividades paralelas que se desenvolverán nas inmediacións do porto.



NAU 2009

viernes, 20 de febrero de 2009

Do 5 ó 8 de Marzo celébrase a 6ª edición do Salón do Mar e a Náutica 'Vigo Náutica Internacional' no Recinto Feiral de Vigo (IFEVI). Federacións, barcos de vela e a motor, prazas de amarre, reparacións, motores, escolas, seguros, velas, moda e actividades nun espacio único.



Presentación IX Encontro de Galicia

miércoles, 19 de noviembre de 2008

A pasada fin de semana tivo lugar no Salón Náutico de Barcelona a presentación do 'IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia' que terá lugar do 9 ó 12 de Xullo na vila de Muros. Máis info.

Varada das gamelas

lunes, 13 de octubre de 2008

Remata a tempada. O verán queda atrás e as gamelas son gardadas. Pasado o tempo de navegación comezamos agora a etapa de mantemento e conservación das embarcacións para que estean de novo listas para surcar as nosas rías cando os ventos volvan a ser propicios.

Varada (18 fotos)

Xuntanza blogueir@

martes, 23 de septiembre de 2008

Xuntanza Blogueir@ (17 fotos)

Crónica da Xuntanza



Xuntanza de Bouzas (Vigo)

martes, 26 de agosto de 2008

Xuntanza de Bouzas (51 fotos)


Un saúdo para os amigos de Sodináutica



Programa (4.8 MB)