Desafío Atlántico 2009

martes, 31 de marzo de 2009


O vindeiro 3 de Maio terá lugar en Vigo a saída do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros (antiga Cutty Sark), unha das regatas máis importantes do panorama náutico. A flota reunirase a partir do 30 de Abril na nosa ría para participar na primeira regata da serie: 900 millas náuticas rumbo sur-suroeste ata Tenerife. Máis dunha vintena de grandes veleiros de distintos países e varios barcos da Armada Española concentraranse na Estación Marítima de Vigo. Os visitantes terán a oportunidade de acceder ao interior da maioría das embarcacións, ademais de participar nas actividades paralelas que se desenvolverán nas inmediacións do porto.