Galería

sábado, 31 de mayo de 2008



Encontro do Seixal (57 fotos)


Varada das gamelas (18 fotos)


Xuntanza Blogueir@ (17 fotos)


Xuntanza de Bouzas 2008 (51 fotos)


Festa do Mar 2008 (53 fotos)


Encontro de Meira 2008 (23 fotos)


Ruta Norte 2008 (65 fotos)


Brest 2008 (320 fotos)


Recuperación da Diana (10 fotos)


Recuperación da Luna (25 fotos)


Recuperación da Rula (9 fotos)


A gamela

A gamela coruxeira é unha embarcación de liñas simples e harmoniosas utilizada en Galicia, especialmente na Ría de Vigo, e concibida para a pesca artesanal en augas someras e rochosas. Caracterízase exteriormente por ter bordos e fondo planos. A súa aparente simplicidade esconde unha longa evolución e adaptación ao medio, as formas depúranse e o superfluo desaparece; as solucións construtivas acadan a máxima durabilidade e adaptación ao seu uso.


Planos tomados por Staffan Mörling

"Non hai que ver a tecnoloxía tradicional como resultado do atraso ou o illamento senón como solución óptima á que se chega a través da experiencia de xeracións."

Nomes recollidos da rica tradición
oral dos vellos mariñeiros



Proxecto

RECUPERACION INTEGRAL DA GAMELA CORUXEIRA

A evolución social e o uso do mar están a retirar á gamela da súa principal razón de ser: obter o sustento do mar. Pero esa mesma evolución social ten que acabar comprendendo o esforzo e a valía das solucións as que se chegou despois de séculos de navegación e aproveitalas para encher necesidades novas: a necesidade de acercamento a natureza, o seu respeto, a necesidade de conexión cunha tradición, e todo elo aproveitando as vantaxes de facilidade de uso e baixo custo que a gamela pode proporcionar.

Temos próximo o exemplo do bo estado de saúde da dorna: asociacións dedicadas a súa promoción, recuperación e mantemento; novas embarcacións cada vez mais ambiciosas; escolas de vela tradicional; unha potente flota de competición e un apretado calendario de regatas. Para moita xente nova é un xeito económico e moi satisfactorio de achegarse a navegación e está traspasando amplamente a súa area tradicional de distribución.

Cousas tan habituais como a imaxe das gamelas pousadas na praia están a desaparecer e perdese unha parte do atractivo visual e turístico das nosas rías. Imaxinemos unhas praias e portos activos, con flotas ben coidadas, imaxinemos visitas organizadas a museos vivos ao borde do mar, con interrelación entre diferentes xeracións, puntos de contacto coa tradición, a fala, as lendas, os coñecementos dos vellos mariñeiros...
Imaxinemos a posibilidade de aprender a bogar, a velear, ou poder alugar unha embarcación coidada para dar unha pequena volta pola ría na embarcación mais adaptada a ela. Imaxinemos un asociacionismo que manteña as embarcacións, garde os seus valores e os desenrole, realizando actividades de encontro, difusión, coñecemento das técnicas constructivas ou competición; integrado no desenrolo xeral de outros tipos de embarcacións tradicionais e toda a cultura que vai aparellada. É posible e atractivo, pero precisa dun enfoque correcto da problemática, unha conxunción de todos os colectivos e organismos implicados no tema e o desenrolo de ferramentas e solucións que axuden a revitalizar esta parte do noso patrimonio marítimo.

Parece claro que para unha actuación de revitalización integral da gamela coruxeira fai falla a colaboración de un amplo rango de entidades e colectivos: Goberno autónomo, concellos, capitanías marítimas, asociacións, clubs náuticos, federacións, centros de ensino e os mesmos propietarios.
E tamén unha aproximación ao traballo dende diferentes puntos de vista: O puramente cultural e etnográfico; o museográfico; o social e de apoio a colectivos desfavorecidos; o de actuación medioambiental nas praias ou portos con embarcacións; o de estudio da arquitectura naval e as técnicas de utilización, construcción e conservación; o lexislativo da súa utilización; o medioambiental; o puramente deportivo etc..

A cultura asociada a praias, portos e gamelas está fondamente enraizada na Ría de Vigo e debido ao impacto da sociedade industrial estase perdendo. A gamela esta sempre presente coas súas formas limpas e pouco pretenciosas. Tal vez precise unha mais atenta mirada e sexamos nos os primeiros beneficiados da súa (desexable) revitalización...

Contacto



¿Pódese revitalizar a gamela?

Se estás interesado en colaborar ou tes algunha dúbida ou consulta ponte en contacto con nos:

Asociación Mar da Pedra
Praza do Progreso nº 2, 2º
36940. Cangas. Pontevedra.

E-mail: mardapedra@gmail.com



Calendario

EVENTOS E ACTIVIDADES